Multiaventura para rematar

Nin búlder, nin minigolf, nin BTT, nin sendeirismo. Hoxe tocaba o rocódromo, a tirolina, o rápel, a bola de auga… Multiaventura para pechar a quenda.
Category: Dia a dia  Comments off

De deuses, ninfas e heroes

Comezamos a quenda xogando a coñecernos, perdendo o medo e esquecendo os nervos que acompañan os momentos iniciais da primeira aventura de moitos.
Category: Dia a dia  Comments off

Un pouquiño de cada

Coma cada semana, o búlder, o kaiak, a orientación con GPS ou a bici protagonizan as rotacións de actividades. Xogos e veladas completan a semana.
Category: Dia a dia  Comments off

Terceira aventura en marcha

Co beneficio do aprendido nas dúas primeiras quendas arrancamos a terceira co desexo de que todo siga saíndo igual de ben. E contamos cunha «nova» e desexada vantaxe, a do sol, a do bo tempo que permite engadir a piscina como componente estable e necesario en case calquera campamento.
Category: Dia a dia  Comments off

50 grazas

Cando somos pequenos aprendemos que, no verán, o tempo vai ou polo menos pasa máis rápido. Algún científico de pouco prestixio afirma que cada hora equivale a 45 minutos dos do inverno; e non é xusto.
Category: Dia a dia  Comments off

E de súpeto…, venres

Onte, no comedor, na mesa dos monitores, debatíase en que día da semana viviamos. Case todos coincidiamos no mércores pero algún purista do calendario dixo que podía asegurar e aseguraba que estabamos a xoves.
Category: Dia a dia  Comments off

Proba audiovisual

Para a primeira xornada BTT, búlder, sendeirismo… O aburrimento non ten cabida.
Category: Dia a dia  Comments off

As bágoas do traballo ben feito

No día no que comeza a segunda quenda é momento de botar a derradeira ollada á primeira, de lembrar os últimos momentos.
Category: Dia a dia  One Comment

Punto e seguido

Con menos auga da que o Miño nos quere dar vémonos na obriga de deixar o barco no porto para, na terra, por as bicis, os paus de golf, os GPS e incluso as paredes ao servizo de monitores e nenos, para o traballo duns e o divertimento dos outros.
Category: Dia a dia  Comments off

A súa primeira aventura

Na chegada…, emoción, expectación e… nervos, moitos nervos. E contra os nervos infinidade de xogos, actividades e ganas de pasalo ben.
Category: Dia a dia  Comments off